O Concello de Camariñas acollerá este ano a xornada de diversidade funcional organizada por Íntegro, a ‘Asociación de persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra’, que terá lugar no último trimestre do ano aínda que aínda non está definida a data concreta.

A data aínda non está definida pero terá lugar no último trimestre do ano. A alcaldesa reuniuse con representantes da asociación e ofreceulles “total colaboración do Concello”.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, reuniuse co presidente da asociación, Adolfo López, a súa directora, Noelia Barreira e a coordinadora, Tania Bartucca, e amosoulles a total disposición e colaboración do Concello de Camariñas, que cederá a Integro o pavillón municipal e as instalacións que necesiten para levar a cabo o programa de actividades da xornada.

Engadir un comentario