Pois hai uns días que xa temos a sorprendente solución por parte da Xunta de Galicia para o preocupante brote de tuberculose recentemente detectado en un número aínda indeterminado de menores dentro do Concello de Camariñas: a drástica reducción por parte do SERGAS do servizo de pediatría en todos os centros médicos do concello. Tal cual señores e señoras, a partir de agora todos os nenos empadroados no noso concello terán ata 3 horas menos de atención médica cada día co non menos sorprendente visto bo de todos e cada un dos políticos locais. Así que si antes desta polémica decisión tiñamos o noso pediatra no centro médico dende as 8:30 da mañán ata as 15:00 horas da tarde, a partir de agora suprímense ata 3 horas diarias deste servizo esencial para os nosos pequenos. Deste xeito os máis vulnerables vense privados por mor dos recortes da Xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijoo da tan cacareada sanidade universal. Así as cousas moito nos tememos que esta crise da tuberculose teña moitos vilos de continuar extendendo as súas fauces co paso do tempo, sobretodo cando as autoridades da Xunta de Galicia abandonan á súa sorte aos nosos fillos e netos fronte a esta grave enfermidade coa supresión de ata 3 horas diarias da especialidade médica de pediatría. Dende aquí non dubidaremos nin un só minuto en facer culpables do que aconteza a todos e cada un dos responsables das graves consecuencias desta nefasta xestión. A todos sen escepción.

Comentarios   

Digna
+9 # RE: A resposta da Xunta á crise da tuberculose en Camariñas: 3 horas menos de pediatría para os nosos nenosDigna 21/02/2019 22:52
Reclamacións!!! ! Se lle chegarán de cada casa con un fillo en idade pediátrica 3-4 reclamacións, xa verías como a cousa cambiaba. Pero aínda temos que estar orgullosos de que nos dean 4h horas dunha Médico de Familia Puericultora, que non Pediatra, señores!!
Responder | Denunciar ante o administrador