1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a convocatoria para iniciar o procedemento de elección do Xuíz de Paz titular do Concello de Camariñas. O prazo para presentar as distintas candidaturas finalizará o vindeiro 13 de febreiro. Ainda que non sabemos os candidatos que se postularán todo apunta a que a actual Xuiza de Paz, a camellana Rosario Devesa, sexa a que finalmente renove o seu posto.

Camariñas inicia o procedemento para escoller Xuíz de Paz. O prazo para presentar as candidaturas finalizará o 13 de febreiro.

Os requisitos para optar a este posto son ser español, maior de dezaoito anos e non estar incurso en ningún tipo de causa xudicial ou haber sido condenado ou inculpado por delitos dolosos. Os interesados presentarán no Rexistro Xeral a correspondente instancia dirixida a Alcaldía e, posteriormente, o pleno decidirá o candidato escollido.

Engadir un comentario