4.3928571428571 1 1 1 1 1 Rating 4.39 (28 Votes)

Un día gratis na Mostra para todos os veciños do Concello de Camariñas

Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
Cartel da XVIII Mostra do Encaixe
Xa só queda unha semana para que a Mostra do Encaixe comece a rodar outro ano máis, e xa van dezaoito edicións. Desta volta os cambios son ben notables sobre todo no que respecta aos responsables desta xa que o xaviñán Sergio Caamaño é o novo director da feira en substitución de A.J. Alonso Ballester e, como todos saberedes o Alcalde xa non é Bautista Santos se non Manuel V. Alonso.
Ademáis o cambio de persoas ao frente do evento máis importante que se organiza no noso concello conleva, como non podía ser de outra maneira, unha forma diferente de organizar esta mostra. Así o advertimos nunha carta que empezará a circular por tódalas casas do Concello de Camariñas e na que se mostran por parte dos responsables da feira algunhas das novidades que marcarán esta edición ademáis de unha "Invitación especial para cada un dos máis de 6000 habitantes do concello".

Carta de Sergio Caamaño aos veciños do Concello

Estimado veciño/a, un ano máis, e sempre en Semana Santa, o Concello de Camariñas celebra a Mostra do Encaixe. Así, dende o mércores ata o domingo, palilleiras, deseñadores e outros artesáns regálannos a súa arte baixo o son do doce repenicar dos palillos.Este ano organizamos unha mostra aberta, recollendo todo tipo de suxestións por parte das propias palilleiras, do sector hosteleiro e das asociacións. De entre estas ideas e das nosas propias atopamos as seguintes novidades na XVIII Mostra do Encaixe:

  • Curso de técnicas de remate de encaixes europeos.
  • Aplicación do encaixe de Camariñas nas diversas artesanías.
  • Noites culturais na Casa de Pedra con música e teatro.
  • Visitas guiadas pola costa.
  • Degustación dos productos da nosa ría nos establecementos co distintivo da Mostra.
  • Invitación a tódolos veciños do Concello á Mostra.

Con respecto a esta última novidade temos que comentarlle que se tomou a decisión de convidar a tódolos veciños do noso Concello a entrar de forma gratuíta á Mostra do Encaixe. Como somos máis de 6000 habitantes optouse por facer unha distribución de forma organizada. Con esta carta achégase unha invitación co día no que pode entrar de forma gratuíta na Mostra.

Sen máis, e agradecendo de antemán a súa presencia na XVIII Mostra do Encaixe, reciba un cordial saúdo.
Camariñas, a 10 de marzo do 2008.

Concelleiro Delegado da Mostra do Encaixe
Sergio Caamaño Fernández

Comentarios   

duquesa
0 # duquesa 11/03/2008 18:42
Eso e un gran acerto unha moi boa cousa.
Responder | Denunciar ante o administrador
soraya
0 # soraya 11/03/2008 22:14
bueno un detalliño e un detalliño
Responder | Denunciar ante o administrador
billy
0 # billy 11/03/2008 22:25
pois eso si k é unha novedade e mui ben certa para k todos os camariñans poidamos entrar de balde po lo menos un dia, VIVA DIEGO¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Responder | Denunciar ante o administrador
pepe rey
0 # pepe rey 12/03/2008 00:52
Esto chamase un cambio,custeu pero chejeu
Responder | Denunciar ante o administrador