1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Durante toda a xornada do sábado 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitaron aos veciños de todas as parroquias do Concello de Camariñas. Especialmente aos nenos e nenas de todos os recunchos do municipio que, cheos de ilusión, recibiron á espectacular cabalgata real organizada para rematar un Nadal 2018 cheo de moitas novidades con respecto a outros anos. A comitiva real comezou a súa andadura polo Concello de Camariñas como dicíamos este pasado sábado 5 de nadal dende ás 11:30 horas pasando por Xaviña para despois dirixirse hacia Arou, Camelle e Ponte do Porto, e rematar finalmente en Camariñas, cunha puntualidade británica, ás 19:30 horas nun Pavillón Municipal de Camariñas totalmente ateigado de raparigos que, acompañados dos seus familiares, non quixeron perder a oportunidade de pedir eses agasallos tan deseados persoalmente aos seus queridos Reis Magos. Finalizamos así este Nadal 2018 que, a pesares do intenso frío reinante en todo Camariñas, estivo repleto de actividades emocionantes para o desfrute dos nosos pequenos. Noraboa a todos os organizadores.

Engadir un comentario