1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A bomba informativa confirmábase momentos antes da medianoite do 31 de decembro: aquel sería o último día en activo de Juan e Gelinita como hosteleiros profesionais, lexendarios xerentes do Café Bar Arnela antes e do Café Bar El Pinar, despois. Unha noticia que os membros desta redacción recoñecemos que encaramos co corazón dividido: por unha parte, con profunda alegría, xa que dúas persoas tan queridas para nós por fin acceden ao tan merecido descanso despois de toda unha vida de duro traballo e constante esforzo, pola outra non podemos deixar de recoñecer que con pena xa que ¿aonde imos a ir agora? ¿ónde atopar un lugar no que nos trataran con tanto cariño e atención? Porque se somos realistas estes dous redactores saben no fondo da súa alma que acaba de pechar o que será sen lugar a dúbidas o bar máis importante das súas vidas.

Haberá (ten que haber) outros pero ningún como o antigo Arnela, agora, por aquelo do exilio forzado, o Pinar. Centos, miles de imaxes, de vivencias, de momentos, pero sobre todo de sentimentos nos unen (como a centos de persoas máis, clientes habituais de toda unha vida) a Juan e Gelinita, a unha forma de entender a humanidade e a profesión, de crear lazos e mantelos unidos permanentemente a través dun viño, unha cerveza, un cubata ou unha boa tapa. O 31 de decembro do ano fenecido do Noso Señor de 2018 foi un día triste, mui triste, para o noso egoísmo, para os que non podemos evitar sentiros como o náufrago que queda a merced da vida, que acaba de perder o último asideiro ao que se agarraba cando todo o demáis fallaba, pero bo, xusto e necesario para Juan e Geli. Dúas das mellores persoas (dese puñado de apenas 10-15 persoas que marcan a túa existencia) que un pode atopar na vida entran na época merecido descanso do que disfrutar dos netos, do tempo que durante media existencia se levou por diante o bar, desa viaxe proxectada para a que nunca se encontraba o momento... Cando se ten unha tan inmensa débeda con dúas persoas, como estes redactores teñen con Juan e Gelinita, cando son tan grandes e inabarcables as gracias a dar, resulta difícil pensar con claridade e condensar tanto como se ten que agradecer nunha escueta noticia. E máis cando, como nos pasa a nós, estamos aínda dixerindo a noticia. Porque co retiro (tan merecido) destas dúas persoas as nosas vidas xa non serán as mesmas. A da vila de Camariñas, tampouco.

Engadir un comentario