1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un grupo de ex-alumnos do Ceip de Ponte do Porto nacidos entre 1984 e 1983 despois de 5 anos reunidos nun grupo de facebook para non perder o contacto entre nos. A finais do curso pasado comenzamos a falar de que habería que facer algo porque facía 20 anos que éramos os primeiros alumnos, xunto cos do Ceip de Camariñas, do IES de Ponte do Porto, que así se comezou chamando o instituto IES Pedra da Águia. Así, en Setembro deste mesmo 2018, creamos un grupo novo de Facebook e comezamos a investigar por onde andabamos o resto de alumnos que formaron parte desta quenda inaugural de alumnos do IES Pedra da Águia. Xuntamos 72 alumnos/as do primeiro 3° da ESO. Falamos cos profes que se encargaron de preparar o instituto: Auri Guerrero, Emilio Roca e Silvia Lijó, se se animaban, e claro que se animaron. Costounos atopar unha data que se nos adecuará a todos, XA que uns están en Suíza, Alemania, Lieichestein, Canarias, Mallorca, Méjico, distintos puntos de Galicia e España. Conseguimos reunir a 39 alumnos/as e tres profes. Tiñamos gardados un Dvds dos anos do Instituto e no restaurante permitíronnos proxectamos. Foi unha velada estupenda onde o pasamos de marabilla recordando vellos tempos do instituto e así, xa quedamos para organizar outro encontro no 25 aniversario do IES Pedra da Águia. DIGNA RODRÍGUEZ ROMAR.
Foto de grupo dos veteranos do IES Pedra da Águia
Foto de grupo dos veteranos do IES Pedra da Águia

Engadir un comentario