1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas instalará este domingo, 23 de decembro, o espírito de Nadal na praza de San Xurxo. Alí levarase a cabo un Mercado de Nadal e un Belén Vivente no que se poderán gozar de diferentes propostas de ocio típicas desta época

Instalaranse na praza de San Xurxo este domingo, 23 de decembro véspera de noiteboa. O Nadal 2018 de Camariñas está a converterse nun dos mellores dos últimos tempos.

Así, ás 13 horas, a Asociación O Cansorriño ofrecerá un espectáculo musical e, xa pola tarde, haberá diferentes obradoiros dirixidos aos máis pequenos e tamén se representará o nacemento do neno Xesús. Ademais, haberá postos gastronómicos nos que se repartirán filloas e chocolate.

Engadir un comentario