1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O venres 14 de decembro pola tarde, os embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia de Camariñas participaron nunha charla-coloquio que tivo lugar na Deputación da Coruña. Convidados por EuropaDirect A Coruña, os embaixadores junior escoitaron atentamente as argumentacións que sobre o Brexit, a migración e a defensa europea fixeron os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e José Blanco. A continuación, formularon por escrito máis de 40 preguntas, algunha das cales tivo resposta polos europarlamentarios. Non lles soubo a moito, xa que finalizado o debate seguiron preguntando a un dos oradores por máis de 20 minutos.

A actividade dos embaixadores continuou o luns 17 tamén pola tarde. A pesar de estar en horario extraescolar, os alumnos quedaron no Centro para seguir as dinámicas expostas por Horacio Díez, coordinador estatal das Escolas Embaixadoras e que estivo de visita no noso Centro. O Sr Horacio Díez tivo a oportunidade de contemplar o Infopoint que temos na entrada do Instituto e de asistir á gravación dun Lipdub conmemorativo dos 20 anos do Instituto e que será proxectado este venres, día no que se realizarán outros actos para celebrar ese aniversario.

O instituto porteño é xa un referente na zona no ámbito europeo. E referendarao no 2019 con visitas a institucións europeas en Luxemburgo, Frankfurt e Estrasburgo, a participación no concurso Euroscola xuntos a outros 500 estudantes de toda a UE, e a posta en escena dun simulacro de eleccións europeas o día 9 de maio. Para iso, contará coa axuda, non só de toda a comunidade educativa, senón tamén co Concello de Camariñas e EuropaDirect A Coruña.

Os rapaces do IES Pedra da Águia con Horacio Díez
Os rapaces do IES Pedra da Águia con Horacio Díez

Engadir un comentario