1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Despois de transcorridas varias xornadas dende a celebración da Festa da Palilleira de Camariñas, estamos xa en condicións de facer unha pequena valoración sobre o acontecido na xornada deste sábado 8 de decembro. Máis de 500 palilleiras de moitos puntos de toda España déronse cita no Pavillón O areal de Camariñas para asistir a este encontro. Ademáis, deste importante número de artesáns, hai que contar a familiares e amigos que se trasladaron para acompañalas ata Camariñas e descobrir o noso fantástico pobo. Unha avalancha de visitantes que fixo mella sobretodo na hostalaría local abarrotando en moitos casos os restaurantes, bares e hoteles tanto da Vila das Palilleiras como do resto das localidades do concello. 

No que respecta propiamente a ventas dentro do recinto feiral, as artesás consultadas móstranse moi satisfeitas coa xornada e lembran que esta é un moi importante impulso económico para elas sobretodo en estas épocas anteriores ao nadal onde as ventas son poucas. As nosas palilleiras congregadas nas dúas asociacións que colaboraron na organización da Festa da Palilleira de Camariñas queren recoñecer tamén o esforzo do Concello de Camariñas para levar a cabo este importante evento e agradecen tamén a todo os establecementos colaboradores que puxeron o seu graíño de area na consecución deste novo éxito.

Engadir un comentario