A VII da Festa da Palilleira de Camariñas de mañá, sábado 8 de decembro, promete ser un auténtico éxito. Nesta edición, espérase unha gran afluencia de artesás, procedentes, non só de toda Galicia, senón tamén do resto de España.

A VII Festa da Palilleira de Camariñas congregará a encaixeiras de toda Galicia e tamén do resto de España

A xornada levarase a cabo entre as 10.30 e as 14.00 horas, e entre as 16.00 e as 19.00 horas, hora límite para que as palilleiras amosen as súas mellores creacións. Ao final do encontro, todos os participantes recibirán un agasallo feito con encaixe de Camariñas e haberá tamén o tradicional sorteo. Este ano, a presentación do evento correrá a cargo de Xosé Luis Blanco.

A Asociación de Palilleiras Puntillas e a Asociación Rendas serán, xunto co Concello de Camariñas, os encargados de organizar este evento que promete ser unha das citas máis relevantes de todo o ano. Como curiosidade, a confección do cartel desta edición fíxose cun 'mandala' de encaixe creado pola deseñadora viguesa Amaia Fernández Blanco.

Cartel da festa da Palilleira 2018 en Camariñas
Cartel da festa da Palilleira 2018 en Camariñas

Engadir un comentario