1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas presentou a súa programación cultural para este Nadal, chea de opcións para que os máis pequenos o pasen en grande nestas festas. A maxia, os contacontos, os espectáculos teatrais ou cómicos e a ilusión ocupan a variada oferta de actividades elaborada polo goberno local. O pistoletazo de saída douse na tarde noite deste festivo e constitucional xoves 6 de decembro co acendido das luces de nadal por parte da alcaldesa Sandra Ínsua na Praza do Concello de Camariñas. Ademáis disto, celebrouse un encontro de corais na que as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar tiveron unha actuación moi destacada. Así abriu o nadal en Camariñas, con acendido dunha iluminación espectacular e con boa música das panxoliñas das nosas mulleres do coro. ¿Que máis se pode pedir?

Maxia, contacontos, teatro, risas e moita ilusión no Nadal de Camariñas.  O programa de actividades dará comezo coa chegada de Papá Noel e finalizará coa cabalgata dos Reis Magos.

Pero o groso do programa de actividades do nadal 2018 en Camariñas dará comezo o 22 de decembro coa chegada de Papá Noel, o entrañable gordo barrigudo (Clancy Wiggum dixit) e finalizará coa máis castiza cabalgada dos Reis Magos do 5 de xaneiro. Entre tanto, un teatro de marionetas, un espectáculo de maxia, contacontos ou espectáculos cómicos farán gozar ás nenas e nenos do municipio. Benvidos ao Nadal 2018 en Camariñas.

Programa do Nadal 2018 en Camariñas
Programa do Nadal 2018 en Camariñas

Engadir un comentario