1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este venres 23 de novembro de 2018 organizáronse no noso concello tres manifestacións en contra da violencia de xénero. Estas leváronse a cabo nos centros educativos de CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto e IES Plurilingüe Pedra da Águia. Na celebración destes actos estiveron presentes ademais dos membros da comunidade educativa e o alumnado de ditos centros a alcaldesa Sandra Ínsua e a técnica de igualdade do Concello.

Nas tres manifestacións de repulsa á violencia desenvolvéronse as mesmas actividades: Mostrouse o respecto ás vítimas de violencia machista ao longo do ano 2018 mediante realización dun minuto de silencio.A alcaldesa dirixiu unhas palabras ao alumnado dos centros explicando a importancia da educación para erradicar a violencia de xénero. Varios nenos e nenas dos centros educativos leron un manifesto en contra das violencias.E tódalas manifestacións remataron con unha foto conxunta na que o alumnado saía mostrando os materiais que lles foi entregado dende o Concello, unhas mochilas co mensaxe “En contra das violencias” e uns globos co lema “Camariñas en Negro”

Os nenos do CEIP O Allo da Ponte do Porto deronlle as costas a violencia
Os nenos do CEIP O Allo da Ponte do Porto deronlle as costas a violencia

A maiores disto no IES Pedra da Águia proxectaron un vídeo e leron uns poemas en contra da violencia de xénero. Dende o Concello de Camariñas, queren agradecerlles a colaboración aos tres centros educativos de Camariñas que participaron nesta importante iniciativa de concienciación social contra a violencia de xénero.

Os chavales do IES Pedra da Águia deronlle a espalda á violencia
Os chavales do IES Pedra da Águia deronlle a espalda á violencia

Engadir un comentario