- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 20 Novembro 2018 20 Novembro 2018
O Concello de Camariñas súmase un ano máis a campaña ‘En Negro contra a violencia’, e tinguirá o municipio de negro para tratar de concienciar e erradicar da sociedade a lacra da violencia de xénero, polo ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’ do 25 de novembro. Neste ano a campaña está centrada nos establecementos hostaleiros do municipio, que están a tinguir os seus espazos de negro coa cartelería aportada polo Concello. Por outra banda, este venres 23 de novembro, o Concello de Camariñas levará a cabo unha manifestación en cada centro educativo da contorna. Ás 11:00 da mañá terá lugar no CEIP Ponte do Porto, ás 12:45 no IES Plurilingüe Pedra da Aguia e finalmente no CEIP O Areal ás 13:30.