O Concello de Camariñas continúa traballando contra a violencia de xénero, unha lacra social desta sociedade. Hoxe, luns 12 de novembro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua Rial, desprazouse ata Santiago de Compostela para asinar o protocolo EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA.

Esta é unha iniciativa de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por 105 entidades, entre elas, Camariñas. A proposta conta cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal a través da coordinación entre concellos.
  • Implicar a toda a cidadanía nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
  • Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.

O acto tivo lugar ás doce da mañá coa chegada dos representantes dos Concellos e Deputacións. Reunidos todos e todas fíxose a foto de familia na praza do Obradoiro. A continuación, todos os presentes desprazáronse ata o Salón Nobre do Pazo, onde se continuou o acto coas quendas de intervención. Finalmente asinouse o protocolo.

Trátase dunha boa iniciativa desenrolada desde o Concello para tratar de concienciar e erradicar da sociedade esta lacra social.

Momento en que a alcaldesa Sandra Ínsua firma o convenio na Xunta de Galicia
Momento en que a alcaldesa Sandra Ínsua firma o convenio na Xunta de Galicia

Engadir un comentario