1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O IESP Pedra dá Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) volve este curso 2018-2019 a formar parte do programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, tras obter brillantemente esta distinción o curso pasado. Os novos embaixadores junior están entusiasmados co reto e procurarán facelo aínda mellor. En principio, a próxima semana asistirán ao Programa de Inmersión lingüística en inglés que organiza a Consellería de Educación.. A semana seguinte, será o coordinador das Escolas Embaixadoras do Centro, Jacobo Santos, o que acuda a un curso de formación en Bruxelas para entrar en contacto con outros embaixadores europeos sénior. Finalmente, 2018 acabarano todos xuntos participando no debate sobre o futuro da UE, ao que asistirán os 4 eurodeputados galegos e que se celebrará na Deputación da Coruña. Aí trataranse temas como a migración, a dixitalización de Europa e o futuro da mocidade europea.

Todo isto, nembargantes, é a antesala das moitas actividades que pretenden desenvolver durante o primeiro semestre de 2019, entre as que cabe destacar tres:


A viaxe a Luxemburgo e Frankfurt para visitar institucións como o Banco Central Europeo, o Tribunal de Xustiza da UE e as sedes secundarias do Parlamento e a Comisión. Ademais, están en contacto con escolas embaixadoras da zona para intercambiar experiencias. Mesmo está prevista a visita á cidade de Schengen, xerme da actual supresión das fronteiras internas dos Estados membros.

En segundo lugar, a viaxe a Estrasburgo para participar no programa Euroscola xunto a máis de 500 estudantes europeos gañadores do concurso do mesmo nome. Unha experiencia única para debater e gozar no marco incomparable do hemiciclo parlamentario.

Finalmente, a celebración do día de Europa, un evento ao que estarán convidados toda a comunidade educativa, o Concello de Camariñas, a Deputación da Coruña e sobre todo EuropaDirect A Coruña, que se brindaron a dar apoio loxístico, económico e humano para levar adiante este día, no que se pretende simular a posta en marcha dun colexio electoral, con candidatos, censo, votantes e prensa , unha especie de test nos días previos á celebración das eleccións ao Parlamento Europeo o domingo 26 de maio. Son moitos retos e moito traballo que cando menos se comeza con moito entusiasmo

O IES Pedra da Águia volve a formar parte das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo
O IES Pedra da Águia volve a formar parte das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo

Engadir un comentario