Este luns 22 de outubro, tivo lugar a Xunta Local de Seguridade que convocou o Concello de Camariñas e na que tanto a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, como o coronel da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina Rodríguez, confirmaron que actualmente Camariñas ten un índice de criminalidade por debaixo da media da provincia.

O luns pasado tivo lugar a Xunta Local de Seguridade na que participaron a subdelegada do Goberno, representantes da Guardia Civil, da Policía Local e do Concello.

Na reunión, ademais da subdelegada do Goberno e dos representantes da Garda Civil, estivo presente o xefe da Policía Local de Camariñas, a alcaldesa, Sandra Insua, o primeiro tenente de alcalde, Sergio Caamaño, e o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa.

Entre outros asuntos, o encontro serviu para artellar medidas de prevencións para os turistas ante os posibles roubos nas praias e, por parte da subdelegada do goberno, tamén se destacou a labor dos obradoiros realizados no Instituto para atallar a problemática das drogas e a importante función que están a levar a cabo os Servizos Sociais do Concello e a Policía Local.

Acordouse a reactivación da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero.

Ademais, no apartado da violencia de xénero, contabilizouse un caso en Camariñas e, para tentar erradicar esta lacra, acordouse a reactivación da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero nas que se tratará de mellorar a asistencia ás víctimas.

Sandra Insua amouse moi satisfeita e “tranquilizada polos datos que se aportaron na reunión” e explicou que “toca seguir traballando para conseguir mellorar aínda máis eses índices” á vez que adiantou que se acordou unha nova Xunta Local de Seguridade para o mes de abril “na que se coordinará o dispositivo de seguridade da Mostra do Encaixe”.

Engadir un comentario