1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria da Xunta Local de Seguridade para tratar diferentes asuntos que inciden na calidade de vida dos veciños de Camariñas, que se convocou inicialmente para o próximo luns, 22 de outubro ás 11 horas.

A alcaldesa de Camariñas Sandra Ínsua Rial solicitou á subdelegación de goberno a convocatoria.

Sandra Insua púxose en contacto coa subdelegada do goberno, Pilar López Rioboo, para concretar a data e os asuntos a tratar, quedando a orde do día da seguinte forma: aprobación da acta da sesión anterior, seguridade cidadá no municipio, informe sobre violencia de xénero e rogos e preguntas. Tamén se pedirá nesta nova xunta un informe sobre espectáculos pirotécnicos, sobretodo despois do vergonzoso episodio protagonizado por uns energúmenos no que na noite do 24 de agosto estes decidiron facer uso do seu bo criterio democrático e "celebrar" a demisión do ex-alcalde Pichurri botando unha perigosa traca de fogos no peirao novo de Camariñas ante a atónita mirada dos viandantes que por alí pasaban. Cuestión esta que nin foi denunciada por ningún medio de comunicación e nen sequera (que nos saibamos) investigada polas forzas do orden aínda que sí existen probas gráficas e, ao parecer, testigos do suceso que viron dende un principio quenes foron os responsables deste acto detestable.

Engadir un comentario