Continuamos en Camarinas.eu facendo un resumo da derradeira visita do Presidente da Deputación da Coruña ao noso concello e que deixou un balance moi positivo. A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, trasladou ao presidente provincial unha das principais demandas do goberno municipal: a creación dun centro de día para as persoas maiores do municipio e anunciou que nos próximos días solicitará unha entrevista coa nova conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, para trasladarlle esta demanda.

O presidente da Deputación expresou o seu apoio a esta demanda, “que ten moito sentido nun municipio onde moitas mulleres traballan moitas horas no sector extractivo e conserveiro e no que existe unha ampla demanda social deste servizo”. Neste, sentido asegurou que a Deputación estaría disposta a “arrimar o hombro” e apoiar económicamente a construción do centro se a Xunta de Galicia, que ten as competencias en política social, se compromete a executalo. Sen dúbidas aquí ten ocasión a Xunta de unir esforzos con concello e deputación para lograr sacar este proxecto adiante, aínda que moito nos tememos que haberá quen queira torpedear este proxecto dende o primeiro día... acórdense vostedes do tanatorio.

Engadir un comentario