1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Hoxe, xoves 11 de outubro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e os directores do CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto reuníronse co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia para solicitar diferentes melloras nos centros educativos do municipio.

A máis urxente é a petición de que se doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal debido á saturación que se vive nestos momentos con 26 nenos e nenas no mesmo curso para unha sola aula. O goberno local apoia á comunidade educativa de Camariñas e entende que esta situación é perxudicial tanto para alumnos como para profesores xa que está de sobra constatado que os grupos reducidos favorecen o aprendizaxe e facilitan o desempeño da súa labor aos mestres.

No encontro, a alcaldesa de Camariñas e os directores tamén lle solicitaron ao Xefe Territorial de Educación que atendese ás citacións das ANPA destes dous centros, que retomen a substitución gradual de ventás que se suspendeu o pasado ano e que cambien os teitos dos patios cubertos xa que teñen goteiras.

Representantes do goberno local reuníronse hoxe co Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabana e trasladáronlle unha serie de demandas educativas no municipio.

Ademais, pediuse a desafectación da escola unitaria de Xaviña para que o Concello poda dispoñer dela e tamén que se habilitase a casa do conserje do CEIP Ponte do Porto para que albergue o Museo Etnográfico da Ponte do Porto.

Por outra banda, Juan Carlos Canosa aproveitou a cita para trasladar diferentes demandas do CEIP de Camelle, como a mellora da calidade WIFI, a substitución dos actuais ordenadores ou que se lles habilite un espazo cuberto para facer Educación Física.

Engadir un comentario