1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O IES Plurinlingüe Pedra da Aguia de Camariñas gaña o 3º premio do concurso ComunicaTedu da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Hoxe, venres 25, os tres equipos que foron preseleccionados no Concurso ComunicaTedu , acompañados da profesora que guio a actividade, Silvia Lijó, desprazáronse á Cidade da Cultura de Compostela para participar non evento InquEDU 2018: Falemos de educación.

Durante a mañá os dez equipos galegos preseleccionados tiveron que expoñer en público o seu discurso argumentativo co tema: A alimentación como hábito de vida saudable. Durante o transcurso da xornada puideron presenciar as intervencións dos centros galardoados e ao remate do evento coñecer o fallo de xurado.

O equipo, formado por Laura Sar, Noa Tedín e Juan Pose, que cursa en 1º de ESO a materia de Oratoria, conseguiu coa súa presentación “Eu non entro na cafetería” o 3º premio, dotado con 600 euros.  Para o instituto é unha gran alegría que o esforzo realizado polos escolares véxase premiado e recoñecido neste tipo de iniciativas.

Engadir un comentario