1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este mércores 9 de maio celébrase o día de Europa e no IES Pedra da Águia van a conmemorar este día cunha serie de actos programados polo colexio plurilingüe do noso concello. Será este o broche de ouro que peche o programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo no que participou activamente o centro educativo camariñán. Para elo teñen preparados dende o instituto toda unha batería de actividades organizadas para esta xornada que terá como invitados ilustres ao Alcalde de Camariñas Pichurri e o Director Xeral de Centros e RR.HH. da Xunta de Galicia JM Pinal Rodríguez. Noraboa aos organizadores do evento e a todos os rapaces e rapazas do IESP Pedra da Águia.

ACTOS DO DÍA DE EUROPA (9 DE MAIO DE 2018) NO IES PLURILINGÜE PEDRA DA AGUIA


10.30 Visita do alumnado de 6º de Primaria dos Colexios de Camariñas e de A Ponte do Porto.

12.00 Inicio das actividades

Alumnos de 2º e 3º da ESO farán unha coreografía en patíns mentras portan todas as bandeiras dos Estados membros da UE e dos Estados candidatos a entrar nela. Ao rematar, entregarán as bandeiras a compañeiros de 2º da ESO para que as coloquen nos espazos correspondentes.
Alumnos de 1º da ESO comporán una mapa da UE con caixas de cartón a modo de puzzle que, no seu reverso, terán o logo da UE.
Alumnos de 3º e 4º da ESO interpretarán o himno europeo coa axuda de xilófonos, guitarras e unha batería.
Discursos por parte da Directora do Centro, o Alcalde de Camariñas, o Director Xeral de Centros e RR.HH. da Xunta, os delegados de 4º da ESO e a representante dos Embaixadores junior do Parlamento europeo.
Colocación das bandas de graduación aos 33 alumnos de 4º da ESO polas súas titoras.
Alumnos de 3º e 4º da ESO rematarán o acto coa interpretación con gaitas do himno galego e das pezas musicais utilizadas nas danzas dos arcos de Camelle e Camariñas

13.00 Pincho para os participantes no acontecemento.

15.00 Un autobús trasladará a 38 alumnos de 3º e 4º da ESO á sede da Deputación Provincial de A Coruña, para participar no debate sobre o futuro de Europa que organiza EuropeDirect A Coruña.

17.00 Inicio do debate, onde os alumnos, divididos nos 5 principais grupos políticos do actual Parlamento Europeo, elexirán ao Presidente da Cámara e tentarán chegar a un consenso sobre temas como a migración, a seguridade e defensa, a política exterior e o brexit. O debate poderá seguirse en streaming a través da web da Deputación Provincial.

18.30 Convite aos participantes no debate.

19.00 Regreso ao Instituto

Engadir un comentario