1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pasado fin de semana celebrouse en Culleredo unha nova edición do concurso-debate Parlamento Xove, unha iniciativa do Departamento de Xuventude da Xunta que pretende poñer en valor as dotes de oratoria dos rapaces da ESO. O noso Instituto participou un ano máis con catro alumnos de 3º da ESO: Helena, Nerea, Jose e Nico. O tema proposto era se a educación ambiental impartida nas escolas podía previr incendios como os do pasado outubro.

Nos tres debates que tiveron que afrontar, sempre tocou defender a postura a favor e aínda que o principio non puideron evitar os nervios, pouco a pouco os foron controlando ata facer magníficas intervencións e moi boas refutacións aos equipos rivais. A organización debería preguntarse o porqué da presenza maioritaria de centros concertados, 17, fronte aos 6 públicos. Quizais a explicación está na metodoloxía empregada polos primeiros, xa que os debates semellaron máis unha posta en escena diante dun tribunal de xustiza que un verdadeiro arte da oratoria. O xurado valorou máis os aspectos formais que a calidade argumental, nun “todo vale” que puxo en cuestión os obxectivos do propio concurso. En todo caso, o noso equipo volveu moi contento coa experiencia, moi orgullosos por unha posta en escena axeitada, sempre mellorable, e con gañas de repetir.

Engadir un comentario