4.2058823529412 1 1 1 1 1 Rating 4.21 (34 Votes)

O grupo de medio ambiente organiza visitas guiadas a empresas de Camariñas

A operaria explica aos rapaces como funciona a Conserveira
A operaria explica aos rapaces como funciona a Conserveira

Na primeira visita organizada, os escolares do Colexio Público da Ponte do Porto visitaron as intalacións dunha coñecida industria conserveira de Camariñas onde unha traballadora desta empresa guiou aos pequenos alumnos por todo recinto mostrándolles os procesos de fabricación e empaque de todos os productos.  Sen dúbidas trátase dunha boa iniciativa para a orientación laboral futura dos nosos pequenos. Pulsa na foto para ler a nota que nos fixo chegar o grupo de medio ambiente.

Nota de prensa do grupo de medio ambiente

Image 

O Concello de Camariñas celebrou unha visita a Industrias Cerdeimar, organizada polo Grupo de Medio Ambiente do Concello, financiado pola  Consellería de Traballo. Colaboran nesta iniciativa a Consellería de Pesca e a propia empresa.

Participantes:

Esta primeira visita celebrouse o xoves 28 de febrero de 2008 e nela participaron 32 estudiantes de 4º de primaria do CEIP Ponte do Porto.

Prevese que as visitas continúen en vindeiras datas con outros escolares do Concello.

Actividades realizadas:

A visita tivo unha duración de 1 hora, na que unha encargada da empresa mostrou os procesos de producción que teñen lugar na fábrica. Asimesmo tamén presentaron as distintas liñas de productos que a empresa comercializa actualmente.

Obxectivos:

Con esta visita acadouse un dobre obxectivo:

   1. A orientación laboral dos alumnos, xa que a industria conserveira constitúe un sector fundamental na economía galega.
   2. Coñecer o funcionamento da empresa, a cal constitúe un pilar importante no Concello, sobre todo no aspecto socioeconómico, xa que a empresa conta con unha plantilla de máis de 100 persoas, que na súa maioría son mulleres.

Máis información:

Grupo de Medio Ambiente do Concello de Camariñas.

Centro de Iniciativas Empresariais, Rúa Real s/n,

Teléfono 981 73 63 73 de 9:00 a 16:00 horas de luns a venres.

Correo electrónico:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Técnica de Medioambiente do Concello: Carmen García Moroño


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.