- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 24 Febreiro 2018 24 Febreiro 2018
Esta fin de semana terá lugar na Laboral de Culleredo unha nova edición do Programa Parlamento Xove, na que alumnos da ESO amosarán as súas posturas a favor ou en contra do tema proposto para este ano: “Pode a educación ambiental nas escolas evitar incendios como os do pasado outubro?”.
O IES Plurilingüe Pedra da Aguia vai participar novamente con catro alumnos de 3º ESO: Helena, Nerea, Jose e Nico. Para eles vai a ser unha experiencia inédita, pero tamén o está sendo o feito de que sexan embaixadores junior do Parlamento Europeo, co cal a motivación é moito maior.
Por outra banda, o vindeiro luns 26 de febreiro, ás 10.30 haberá unha charla no Centro de Andrés Barceló, representante dos empresarios no Comité Económico e Social Europeo (CESE) e Director Xeral do UNESID, a asociación de empresas productoras de aceiro.
Na charla participarán alumnos de 3º e 4º da ESO, entre eles os tres (Carla, Gabriel e Iván) que foron escollidos para participar na iniciativa do CESE, Your Europe, Your Say, que terá lugar en Bruxelas os días 15 e 16 de marzo. O noso Instituto ten o privilexio de ser o único en toda España que foi elexido para participar neste evento, no que estarán 3 alumnos por cada Estado membro da UE e dos 5 países candidatos a entrar nela, para tratar o tema do patrimonio cultural europeo.
Andrés Barceló fará un repaso ata o presente dos principais hitos da construción europea, para centrarse principalmente no futuro da UE e no que ten que ofrecer á xuventude de hoxe en día.