1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O xoves, día 22 de febreiro, celebramos no CEIP O Areal de Camariñas a partires das 12:30h unha carreira solidaria con motivo do día da Paz. Lembrar que esta prova xa fora aprazada polo mal tempo.

As familias foron convidadas a asistir a esta actividade. Ás 12:30 tódolos nenos/as do colexio xuntáronse para cantar unha canción reivindicando a Paz no Mundo e a continuación realizouse a carreira, comezando polos nenos/as de infantil.

Nesta carreira, con fins solidarios en colaboración coa organización "Save the children", as familias colaboran cunha doazón económica. Este curso todo o recaudado será doado integramente para a familia de José Secundino Suárez Suárez, a través da asociación “Pergoliña” de Camelle.

Engadir un comentario