1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este mércores 13 de decembro o Restaurante A Marina de Camariñas recibía a Medalla de Ouro dos Premios Nacionales de Gastronomía que concede a organización Radio Turismo de Madrid. A gala na que se concedeu este importante galardón ao reputado restaurante camariñán foi celebrada no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, á cal asistiron Óscar Freire, xerente de A Marina, xunto a súa compañeira Dolores Barreiro que, emocionados por tan importante recoñecemento tiveron palabras de agradecemento por tan significativa distinción dun restaurante de Camariñas. Súmase este premio á ola de recoñecementos dende varias entidades a este exitoso local hostaleiro da vila das palilleiras, tales como o premio "Xantar el Plato de Oro" que recibíu a xerencia do Marina hai caseque catro anos. 

Importantísima esta distinción do coñecido restuarante camariñán rexentado polos nosos queridos amigos Óscar e Lola que veñen a demostrar a importante subida de calidade e prestixio do restaurante A Marina de Camariñas dende uns anos a esta parte. Un traballo esquisito que poñe de relieve o importante esforzo levado a cabo estes derradeiros anos por parte dos responsables deste restaurante para que Camariñas sexa un destino, non só turístico senon que tamén o sexa como referente gastronómico de primeiro nivel dentro da Costa da Morte. Dende aquí só nos queda felicitar a xerencia do local e animalos para que sigan traballando a prol desta gran imaxe que están dando por todo o mundo gastronómico español. Noraboa.

Engadir un comentario