Este festivo 6 de decembro de 2017 celebrarase a primeira edición da Andaina Solidaria que organiza a empresa camariñana de saúde e tempo libre NordesFitness. Cóntanos o noso amigo Luis Rodríguez Luaces, xerente en xefe da devandita empresa que parte da recaudación do evento irá destinada á delegación da Asociación Española Contra o Cancro de Camariñas. Entre os patrocinadores da primeira edición deste evento solidario encontramos a colaboración desinteresada de, entre outros, a organización da Mostra do Encaixe de Camariñas. Sandra Ínsua, a concelleira delegada da mostra, explícounos que sempre está entre as funcións da mostra a de colaborar na medida do posible cos eventos deportivos e sociales, sobretodo os solidarios, que se organizan dentro do ámbito territorial do Concello de Camariñas. Algo que, por outra parte, ven sendo habiltual dende os derradeiros anos e que enaltece moito máis a función da Mostra do Encaixe.

O horario de saída desta andaina está prevista para as 10:00 da mañá do 6 de decembro. Efectuarase ésta dende a Praza do concello de Camariñas e os participantes percorreran un total de 15 kilometros polo entorno paradisíaco da costa da vila das palilleiras. Será conveniete que cada participante leve o indispensable para pasar un dia agradable posto que a proba contara con avituallamientos solidos e liquidos en varios puntos estratéxicos do percorrido. A andaina ten un coste de 6 €, dos cales, un donarase a AECC de Camariñas. Ademáis, cada participante será obsequiado cunha camiseta conmemorativa desta primeira Andaina Solidaria de Camariñas NordesFitness. Para todos aqueles que desexen participar poden facelo poñendose en contacto coa organización da mesma no seguinte número de teléfono: 667022972

Cartel da 1ª Edición da Andaina Solidaria de Camariñas NordesFitness

Engadir un comentario