1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende a concellalía de Servizos Sociais que dirixe a concelleira sociallista pola Ponte do Porto Sandra Ínsua Rial, veñen de comunicarnos que este luns 27 de Novembro celebrarase na praza do Concello de Camariñas unha manifestación en contra da violencia de xénero. A realización desta concentración está prevista para as 11:00 da mañá na praza do Concello, eso se as condicións climatolóxicas o permiten, e senón celebrarase nun lugar moito máis abrigado como é o Pavillón Municipal de Camariñas. De todos os xeitos, aquí en Camarinas.eu, estaremos atentos de anunciar onde se celebrará definitivamente este acto mediante as nosas redes sociais.

Trala celebración desta concentración levaranse a cabo varias actividades dirixidas a sensibilizar a poboación a respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. A esta manifestación contra a lacra da violencia de xénero sumaranse os mestres, mestras e alumnado do CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto e do IES Pedra da Aguia así como de todas aquelas persoas que nos queiran acompañar coa súa presenza neste día. Para tódolos cidadáns que desexen participar nesta importante concentración poden aportar o seu gran de area para con esta noble causa asistindo a manifestación cunha prenda de cor negra simbolizando a repulsa contra as violencias. En fin, unha boa iniciativa desenrolada dende o concello para tratar de erradicar da sociedade este gran problema da violencia de xénero.

Engadir un comentario