1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O próximo 13 de novembro cúmprese o XV aniversario da catástrofe ocorrida nas costas de Camariñas como consecuencia do afundimento do buque petroleiro Prestige. Con este motivo, a Asociación Nacional de Agrupacións e asociacións de Voluntarios de Protección Civil, ANAV, vai facer entrega en Camariñas das Medallas de Recoñecemento ás persoas que participaron no operativo de limpeza das costas do municipio naqueles tempos de gran dificultade, pero tamén de xenerosa solidariedade.

O Concello de Camariñas expresa así o seu recoñecemento a todas as persoas que investiron o seu tempo e o seu esforzo para conseguir que as costas do municipio recuperásense do peor desastre ecolóxico da súa historia. Para iso, xa está aberto o prazo para que quen foron voluntarios en Camariñas, e estean no rexistro das 5.468 persoas dos 14 países que estiveron en Camariñas hai 15 anos, soliciten a medalla con Distintivo Branco ou con Distintivo Punto Cero, esta última para persoas que prestasen servizos dentro de entidades incluídas no Sistema Nacional de Protección Civil ou Defensa Nacional.

O Concello de Camariñas quere facer tamén un recoñecemento especial ao persoal municipal, ao da agrupación de Protección Civil de Camariñas e á poboación local que adicou naqueles días un tempo de valor incalculable ás tarefas de coordinación dos grupos de voluntarias e voluntarios, ao transporte dos mesmos, ao mantemento das instalacións nas que se aloxaron, á manutención e atención sanitaria. Este recoñecemento incluirá a entrega de medallas a título póstumo a algunhas persoas xa falecidas.

As persoas que foron voluntarias deben dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Camariñas, na Casa de Pedra, teléfono 981 73 70 04 e correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A data do acto de entrega en Camariñas das condecoracións, previsto para antes do próximo nadal, comunicarase con antelación a quen vaian recibir as medallas.

Engadir un comentario