1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas segue aspotando por mellorar a calidade de vida da cidadanía camariñana, e para iso, acaba de reforzar no último presuposto aprobado o pasado mes de Agosto, o servicio de axuda no fogar ( SAF) incrementando o horario de tarde e do fin de semana que empezou xa o pasado sábado dia 21 de Outubro.

84 personas véñense beneficiando do servicio, ofrecendo os usuarios un conxunto de atencions que lle facilitan o desenrolo e a permanencia no seu fogar e o seu entorno o maior tempo posible. O concello leva destinado no ano 2016 un total de: 85.000 € na financiación de esta prestación.

Dende o Concello, a concelleira de Servicios Sociais, Sandra Insua, resalta que o SAF é un dos programas máis importantes do Servicios Sociais. A través del, personal cualificado acude o domicilio dos usuarios a asistilos nas tareas que estén indicadas e durante as horas semanales tamén asignadas en función das necesidades en cada caso (asistencia para levantarse e deitarse, apoio a hixiene personal, control do réxime alimentario, supervisión de rutinas, etc)

Unha gran iniciativa que de seguro agradecerán os nosos maiores e que esperamos que se sigan potenciando dende a concellalía de Servizos Sociais.

Engadir un comentario