O próximo 9 de decembro as palilleiras de Camariñas clebrarán o seu Encontro anual con artesanas do resto de Galicia e de España. Os “Encontros” son eventos festivos onde se transmiten coñecementos e técnicas, onde se reencontran vellas amigas do mundo do encaixe, onde se descubren as novas tendencias neste mundo tan tradicional e ao mesmo tempo tan innovador e futurista, e serve como pistoletazo de saída dunha nova edición da Mostra do Encaixe de Camariñas.

Pero tamén están presentes tendas e comercializadores de tódolos produtos que teñen que ver coa elaboración do encaixe: Fios, alfinetes, almofadas, teas, produtos conmemorativos, xoias, e un longo etc que non ten mais límites que a imaxinación.

A organización corre por conta das Asociacións de Palilleiras Rendas e Puntillas, coa colaboración imprescindible do concello. Según nos trasladan dende a organización, tamén é salientable a colaboración dunha parte do sector hosteleiro camariñán que contribuirá cun menú económico para as asistentes e os seus familiares.

Estes eventos non solo son beneficiosos para as persoas que se adican a elaborar ou comercializar os famosos encaixes de Camariñas se non que, a súa influencia, exténdese ao conxunto da economía local, sobre todo o sector servicios, polo número de persoas que acompañan ás palilleiras. Segundo datos da organización, na pasada edición reuníronse mais de 500 palilleiras no polideportivo O Areal. Se temos en conta que a maior parte delas viñan acompañadas por unha ou mais persoas, podemos calcular que, durante esa xornada, mais de mil persoas visitaron Camariñas coa conseguinte repercusión económica.

Tamén é importante destacar a colaboración existente entre o concello, por medio da concelleira responsable da Mostra, Sandra Insua, o sector hosteleiro, e as dúas asociacións de palilleiras, Rendas e Puntilla, que fan posible este evento. Quizá é pronto para elo pero, a non moito tardar, Camariñas pode  contar con dous eventos de carácter mundial relacionados co encaixe, un en Semana Santa e outro na Ponte da Constitución.

Cartel da Festa da Palilleira de Camariñas 2017
Cartel da Festa da Palilleira de Camariñas 2017

Engadir un comentario