1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas vai seguir esforzándose na súa loita pola igualdade entre mulleres e homes e contra a violencia de xénero. Para continuar con este compromiso contratatou unha técnica de igualdade acreditada neste campo para comezar cos traballos ao respecto deste lamentable lacra que azouta a convivencia.

As tarefas que se están a desenvolver na área de igualdade enmárcanse dentro do proxecto: igualdade e loita entre mulleres e homes e contra da violencia de xénero. Este proxecto comprende as seguintes actividades:

  • Obradoiros de igualdade destinados aos distintos sectores da poboación. (comezarase en novembro a traballar co CEIP O Areal, CEIP Ponto do Porto e IES Pedra da Aguia.)
  • Preparación e realización das actividades do día internacional da eliminación da violencia contra a muller. ( Traballaranse en colaboración co CEIP O Areal, CEIP Ponto do Porto e IES Pedra da Aguia.)
  • Implementación do programa En negro (25 novembro) contando coa participación e colaboración dos centros educativos e empresas locais.

Esperemos que todas estas inicitativas promovidas polo concello e co traballo da nova técnica de igualdade se consiga educar neste tema aos máis xóvenes para poder erradicar para sempre esta lacra que amenaza a nosa sociedade.

Engadir un comentario