- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 14 Outubro 2017 14 Outubro 2017
Moitos de nos descoñecíamos da existencia da Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, do Concello de Camariñas. Este importante servizo que o concello ofrece aos xoves camariñáns vai a solicitar toda unha serie de interesantes obradoiros dentro da amplia oferta formativa da Dirección Xeral de Xuventude:
- Berrando Solucións, dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos, que consiste en saber buscar solucións globais aos conflitos nas que as partes gañen e non aparezan sentimentos de vergoña, derrota, etc
- Redes Familiares: Drogas, dirixidos a nais, pais, titores e titoras legais.
Os obradoiros serán impartidos por persoal técnico dos centros Quérote+. A duración é de aproximadamente dúas horas. O día e hora determinarase segundo a dispoñibilidade das persoas inscritas. Os interesados nalgún destes obradoiros poden chamar ao teléfono: 981737234 ou escribide un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Prazo de inscrición: ata o 20 de outubro.