1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Como cada ano son moitas as persoas, adultas e máis cativas, que se apuntan á oferta cultural e lúdica do concello. E hai actividades que teñen un atractivo especial, como por exemplo o baile nos seus diversos estilos. Un total de 148 persoas demandaron esta actividade para o curso actual, según nos informa o concelleiro Sergio Caamaño, das que 59 optaron polo baile latino, 45 pola danza moderna, 30 pola danza coreográfica e 14 polo inicio á danza.

A artesanía, tradición e identidade en Camariñas, mantén o seu tirón con 63 inscripcións mais 9 que se apuntaron a antiga e nobre arte de aprender a facer os picados onde as camariñanas debuxan filigranas imcomparables. Outras 33 optaron polas artes escénicas que, xunto con  actividades novas como Tempo Entre Costuras, Berberecho Revecho e Camelle Animación,  completamente novas,  nas que se fomenta a animación á lectura en distintas franxas de idade, conforman todo un amplo catálogo cunha clara vocación cultural e lúdica.

Como encher o tempo libre divertíndose coas actividades que programa o Concello de Camariñas

E non podían faltar a música e o baile tradicional. Un total de 163 persoas téñense matriculado nestas actividades, 64 en música tradicional e 99 en baile. Son así un total de 449 persoas que se divirten e aprenden nas actividades organizadas polo Concello de Camariñas. Un xeito moi interesante de ocupar o tempo libre e que, nalgún caso dou inciativas tan fermosas como o coro municipal de mulleres que, este ano, parece vai contar tamén con voces masculinas.

 
 

Engadir un comentario