O Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa colaboración da Concellalía de Cultura do Concello de Camariñas ven de abrir unha captación de voces para ampliar o número de participantes nesta xa consumada agrupación coral. A incorporación de novas voces femininas para redondear a xa ben conseguida variedade tonal do conxunto polifónico das nosas mulleres súmase agora a intención do director do coro de incorporar voces masculinas que lle dean o toque de tonos baixos e forza ás pezas interpretadas polo exitoso coro Brisas do Mar. Para elo a dirección desta coral camariñana planea un ensaio este 3 de outubro de 2017 ás 20:00 horas no Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa Río do Prado, ao lado do Centro de Saúde de Camariñas. Todas e todos aqueles que desexen incorporarse a este exitoso coxunto musical poden poñerse en contacto coa dirección do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas.

 

O Coro Municipal de Camariñas incorpora novas voces femininas e masculinas
O Coro Municipal de Camariñas incorpora novas voces femininas e masculinas

Engadir un comentario