- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 31 Marzo 2017 31 Marzo 2017
Durante esta semana, 15 alumnos de 3º da ESO e dous profesores foron a Bruxelas invitados polo eurodeputado socialista José Blanco López, para coñecer o funcionamento desta institución comunitaria. Primeiro houbo unha charla introdutoria que deu paso a un debate cos alumnos e finalmente amosóuselles o hemiciclo onde puideron facerse algún selfie.
A viaxe tamén serviu para que os alumnos coñeceran outras partes de Bruxelas e Bélxica como Mini Europa e o Atomium na capital belga, e Bruxas ou Dinant nas zonas flamenca e valona respectivamente.
Cultura e lecer mesturáronse en todo o momento, xa que as visitas ao Centro de Interpretación do campo de batalla de Waterloo e á biblioteca de Lovaina, deron paso a un percorrido en bici ata a costa belga en Bruxas ou a unha aventura entre as árbores en Dinant.
Foron catro días intensos e con moi bo tempo, que axudou a levar a cabo todas estas actividades. Unha aventura para moitos que, por primeira vez, utilizaban o avión, o metro e o tren.