1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os alumnos de Educación Primaria do municipio de Camariñas conmemorararon este mércores 8 de marzo o Día da Muller con varios obradoiros no pavillón polideportivo da localidade. Participaron todos os escolares desde primeiro a sexto curso de Primaria dos colexios O Areal de Camariñas e o CEIP da Ponte do Porto e a escola unitaria de Camelle. As actividades comezaron ás dez da mañá e remataron ás dúas da tarde.

Os rapaces traballaron en varios equipos onde se analizou a situación da muller en varios países do mundo e fíxose unha reflexión conxunta sobre o asunto. Por exemplo, referironse á vestimenta da muller nalgúns países como Arabia Saudí e logo promoveuse unha reflexión crítica sobre as mulleres neste país, onde se negan os seus dereitos fundamentais.

Tamén se abordou o caso de España, onde a pesares de haber diversas políticas de igualdade segue habendo moitas diferencias entre homes e mulleres, como o referido ós salarios, á violencia machista, ás tarefas do fogar... Os escolares pintaron un mapamundi con reflexións referidas a diferentes países, que logo poderán seguir traballando nas súas respectivas aulas.

O principal obxectivo deste tipo de actividades é promover unha análise crítica sobre a situación da muller en todo o mundo para loitar contra as desigualdades en materia de xénero que aínda seguen vixentes.

Persoal municipal e veciñas reuníronse na praza do concello para participar no Paro Internacional de Mulleres


Engadir un comentario