1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un grupo de emprendedores, profesionais e artesáns do sector servizos da Costa da Morte veñen de crear un salón aberto a todos os cidadáns no que se dará visualización a todo o relativo coa organización dos eventos familiares dos máis pequenos. Un experimentado grupo de profesionais do sector foron os que idearon o salón chamado ExpoPeques para dar saída á estresante tarefa de organizar con éxito un evento tan importante na vida dos nosos fillos.

Estilistas, moda, fotógrafos, restauración, decoración, animación, agasallos e encaixe… e así ata un total de 15 expositores que levarán ao 1º Salón EXPOPEQUES da Costa da Morte as últimas tendencias e novidades que atinxen á organización dos eventos infantís tales como bautizos ou comunións.

O showroom celebrarase esta próxima fin de semana no Restaurante A Marina de Camariñas e está prevista a súa inauguración oficial o sábado 11 de febreiro ás 18:00 horas pechando esta primeiro día ás 21:00 horas. Na seguinte xornada abrirase o salón EXPOPEQUES de forma ininterrumpida dende as 11:00 ata as 20:00 horas. Será nesta xornada dominical cando se desenrolen ao largo do día as demostracións en vivo que as diferentes firmas participantes teñen preparadas para a primeira edición do EXPOPEQUES da Costa da Morte.

Como anécdota cabe destacar a gran acollida nas redes sociais do salón EXPOPEQUES que, en tan só uns días foi quen de conseguir más de 200 fans na súa páxina de facebook. A entrada ao recinto será totalmente de balde.

Engadir un comentario