4.037037037037 1 1 1 1 1 Rating 4.04 (27 Votes)

Triñáns gaña as eleccións por aplastante maioría

O Presidente do Club Náutico felicita ao Presidente do Casino, Manuel Triñanes
O Presidente do Club Náutico felicita ao Presidente do Casino, Manuel Triñanes

Se a semana pasada era o Club Náutico a institución que visitaba camarinas.eu para recoñecer a súa gran labor e renderlle unha pequena homenaxe, esta semana visitamos outra institución emblemática da Vila dos Encaixes, o Casino de Camariñas, con motivo das eleccións á presidencia do mesmo que gañou por amplia maioría, 84 votos a 30, Manuel Triñanes, o cal polo tanto repetirá mandato. Ademáis alí estaba Xosé Luis Blanco Campaña co que tivemos ocasión de departir animadamente. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver as fotos e un vídeo con Xosé Luis Blanco tocándolle un esquecido tango de Camariñas ao presidente do Casino.

O Presidente do Club Náutico felicita ao Presidente do Casino, Manuel Triñanes
O Presidente do Club Náutico felicita ao Presidente do Casino, Manuel Triñanes

Trala sesión ordinaria na que se aprobou a acta da sesión anterior, ás 19:00 tivo lugar a sesión extraordinaria que ía decidir quen sería o presidente do Casino de Camariñas os próximos tres anos. Había dous candidatos: Manuel Triñanes, o actual Presidente e María del Monte Rodríguez Gerpe, a aspirante, e resultou elixido por unha ampla maioría de 84 votos a 30 o veciño do barrio de Corea "Triñáns" que repite no cargo cunha candidatura formada entre outros por Juan Esteban Campaña Carril, Juan Ramón Canosa ou Chuco "O Grifo". Hai que salientar a cordialidade e xogo limpio imperante entre as dúas candidaturas que se presentaban a estas eleccións, tal e como demostra a foto que aparece nas pestañas máis abaixo.

Alí no Casino atopamos ao gran amigo e ferviente seguidor de camarinas.eu Xosé Luis Blanco Campaña, sen lugar a dúbidas o mellor periodista que dou a Costa da Morte, do cal, sempre atentos ao seu maxisterio profesional, recibimos un par de consellos  e descubrimos que segue atentamente a iniciativa dos usuarios de camarinas.eu de crear o primeiro diccionario de palabras, ditos e frases propias de Camariñas. Despois sacou o seu querido acordeón, "o cal xa cruzou dúas veces o atlántico e co que toquei no famoso restaurante Don Pepe de Newark, New Jersey (U.S.A.)" e tocou en primicia para todos os asistentes un esquecido tango sobre Camariñas que durmía no baúl do olvido dende fai longos anos e do que ningún dos cantantes logrou explicar as últimas palabras do mesmo: "O xenro do Perrúa", o cal aínda non tiña xenros cando o dito tango foi escrito, esperamos que algún dos nosos usuarios nos aclare este misterio. En fin, pasar a tarde no Casino coas dúas candidaturas presentes e con Xosé Luís Blanco foi un auténtico pracer.

Comentarios   

Mikel
0 # Mikel 16/02/2008 23:36
Queria darlle a Noraboa a Triñáns,con tódolos meus respetos a Marimonte,,,tam én queria darlle as gracias a Diego por poñer a Xosé Luis Blanco deleitándonos ca súa potente voz e tocando un instrumento máis dos q sabe entonar,,o acordeón,,,un placer escoitalo e velo,,,,,saludo s e honradamente Diego fas un traballo indiscutible e sano,,que non che cambien nunca artista
Denunciar ante o administrador
eva
0 # eva 17/02/2008 12:54
EN HORA BUENA QUE LO DISFRUTES
Denunciar ante o administrador
xanboy
0 # xanboy 17/02/2008 19:55
Noraboa a directiva que repite e un saudo a outra candidatura, o interesante e participar e desexar que a entidade funcione.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.