1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un ano máis chega o principal acontecemento social do ano no Concello de Camariñas. Aquel que congrega a maior muchedumbre, aquel ao que acudirán as principais persoalidades da nosa terra, aquela en definitiva que ten un mellor obxectivo e sirve á máis benéfica das causas. Faino con novidades, nesta edición ese gran equipo solidario capitaneado por Pilar Insua confeccionou un atractivo cartel que como nos seus mellores tempos volta a un Pavillón Polideportivo do Areal que sen dúbidas reventará de camariñáns ansiosos de aportar o seu gran de area na loita titánica, constante e esforzada contra o que é o gran mal do noso tempo. A cita terá lugar o sábado 9 de maio a partires das 22:00 horas e contará ca axuda das administracións públicas representadas neste caso polo Concello de Camariñas. Unha cita, en definitiva á que ninguén que teña corazón no corpo e intelixencia na cabeza pode faltar, porque nesta batalla todos nos xogamos a vida, a propia ou a de calquer ser querido. Sábado 9 de maio de 2015, Pavillón Polideportivo do Areal, onde hai que estar.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.