1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continuamos aquí en Camarinas.eu a repasar todo o acontecido na Mostra do Encaixe de Camariñas 2015. Unha edición marcada polo éxito total e incontestable de público que convertíu as rúas da Vila das Palilleiras nun fervedeiro continuo. Xentes de todas as rexións de España, extranxeiros, vecinos da comarca e do resto de Galicia non quisieron perderse a 25 Mostra do Encaixe de Camariñas. Entre as grandes novidades que introduxo exitosamente a concelleira socialista e tenente de alcalde do Concello de Camariñas Sandra Ínsua Rial foi fai dous anos o PequeEncaixe que consta dun desfile das nenas e nenos da Escola Municipal de Camariñas que desfilaban coas súas propias creacións. O PequeEncaixe foi este ano moito más concurrido que a edición anterior e a calidade dos deseños presentados polos nenos e nenas da Escola de Palillo foron excepcionais. Especial mención merecen os únicos rapaces varóns que acompañaron ás nenas da Escola de Palillo e que desfilaron tamén coas súas compañeiras. Xacobe de Camelle e Adrián da Ponte do Porto desfilaron como auténticos profesionais e foron grandes acompañantes das cáseque 50 rapazas que arríncaron os aplausos máis emocionados dunha pasarela da mostra repleta de público tódolos días. E por eso, aquí na web de todo o concello queremos facer unha especial homenaxe a todos estes nenos e nenas e aos seus orgullosos pais por tan grande éxito agasallándoos cunha galería adicada especialmente a eles. Que continúe o gran traballo dende o Concello de Camariñas a prol do noso Encaixe e noraboa a todos os rapaces e rapazas da Escola Municipal de Palillo de Camariñas.

 

Engadir un comentario