1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O mércores día 18 de marzo, 10 alumnos de 3º da ESO e dous profesores do IES Pedra da Aguia de A Ponte do Porto (Camariñas), emprenderán viaxe rumbo á pequeña localidade italiana de Scandiano (cerca de Bolonia) para participar nun Encontro Europeo que, baixo o título “Back to the future”, pretende poñer en contacto experiencias pasadas e presentes dos  participantes na mesma. 

Delegacións de Gran Bretaña, Bélxica, Rep. Checa, Letonia, Croacia, Suecia, España e Italia formarán parte deste Encontro, no que haberá unha exhibición fotográfica, diferentes obradoiros, conferencias e actuacións en directo. A duración destas xornadas prolongarase ata o domingo 22 de marzo e nelas autoridades municipais, políticos europeos, empresarios e estudiantes mixturaranse para dar a coñecer as súas inquedanzas dentro do marco europeo. Os rapaces de Camariñas, ademais de participar nos obradoiros, teñen pensado presentar tres videos: o primeiro sobre Galicia; o segundo, sobre Camariñas; e o terceiro, feito por eles mesmos, sobre o Instituto. A súa participación rematará coa actuación en directo bailando dúas muiñeiras.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.