1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Comprometidos co futuro da nosa terra, Camarinas.eu ven de poñer en marcha este xoves 12 de febreiro de 2015 unha recollida de firmas en change.org en contra do proxecto da Xunta de Galicia de construir un laboratorio experimental no Espazo Natural de Cabo Vilán a maior gloria dunha empresa privada: Gas Natural-Fenosa. Unha aventura escura da que a cidadanía non coñece nin os seus pormenores nin os seus obxectivos nin por ende, as consecuencias que elo traería aparellado para o veciños e veciñas de Camariñas. Nacida esta iniciativa da web máis vista da historia da Costa da Morte cun obxectivo de chegar ás 100 sinaturas no seu primeiro día, rápidamente chegou ás 300. Por elo, é a hora de continuar dando pasos cara adiante na defensa do patrimonio dos camariñáns e, como continuación lóxica, decidimos constituir unha Plataforma Cidadá en Defensa do Vilán na que todo aquel que queira poñer o seu grao de area para a defensa do noso pode participar. Porque aquí xa ninguén pode confiar nos políticos, é chegada a hora da que os cidadáns tomemos as rendas.

"Plataforma Cidadá en Defensa do Vilán" #plataformavilan

Bos días. Antes de nada darvos as grazas por asinar esta petición de firmas popular. En pouco máis de 12 horas xa somos caseque 300 firmantes para que se revise o proxecto de Fenosa-Xunta que quere transformar o parque eólico do Vilán (Camariñas) nun laboratorio experimental no que desenvolver proxectos en beneficio da compañía eléctrica. Como saberás esta é unha iniciativa popular dende a web www.camarinas.eu a cal está integrada por redactores e colaboradores que levan traballando desinteresadamente case 8 anos informando obxectivamente aos cidadáns. Somos xente normal, da #costadamorte, coma ti que tenta facer algo polo futuro do seu pobo e seu concello. Por iso queremos que esta campaña de recollida de firmas teña continuidade no tempo e por ese motivo vamos a promover a creación da "Plataforma Cidadá en Defensa do Vilán" que estará formada por calqueira persoa que desexe colaborar nesta. En principio tan só vamos anunciar a posta en marcha desta plataforma cidadá. Nas próximas horas vos informaremos máis desta inicitativa. Se desexas involucrarte activamente neste proxecto non tes máis mandar unha mensaxe ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar (ou mandar un wassap) 679 871 599. 

Moitas grazas por todo. Seguiremos informandovos. Saúdos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.