- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Sociedade Sociedade
- Created: 28 Xaneiro 2015 28 Xaneiro 2015
O Concello de Camariñas presentará este xoves 29 de xaneiro (16.00h) no stand de Tursimo de Galicia na Feira Internacional de Turismo FITUR 2015 o acto "Camariñas. Descubre el corazón del encaje". Durante o mesmo expoñeranse os actos programados para a XXV edición da Mostra do Encaixe e a nova e espectacular marca turística “Camariñas, o mar todo”. Asistirán a esta presentación fundamental para visionar o futuro turístico do Concello de Camariñas o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León; Franco Quintáns, director da pasarela da Mostra do Encaixe; unha xoven encaixeira e un representante de Aporta Comunicación, empresa executora do proxecto "Camariñas. O mar todo".