1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O xoves 30 de Outubro celebramos o Samaín no CEIP O Areal. Fixemos unha exposición de cabazas e vimos uns contos de medo. O pasado xoves tivemos festa no cole. Dende o martes estivemos traendo cabazas ao centro, e o xoves todos os nenos/as baixamos a visitar a exposición. Durante toda a mañán os nenos de 6º de Primaria estiveron mostrando un traballo feito por eles aos compañeiros de infantil e primaria. Este traballo eran uns vídeos de medo feitos por eles, para elaboralos primeiro inventaron un conto, despois fixeron uns debuxos para representalo, e finalmente montaron un vídeo cos debuxos, con música de terror e contándoo coas súas propias voces.

Todos os nenos estiveron moi atentos, e inda que eran de medo ninguén chorou, nin sequera os de infantil.  De todos estos vídeos cabe destacar os dous que consideraron vencedores, “A pantasma de Don Ramón” e “A Bruxa Pipinela”. Pero en xeral todos nos gustaron moito: “A boneca asasina”, “Os monstros do faiado”, “A malvada bruxa da montaña”, “O matajatos” e “A pantasma da nena orfa”. Todos eles podedes velos ao final desta nova.

Despois do recreo, xuntámonos todo o alumnado do colexio no salón de actos e entregáronse os premios ás mellores cabazas, resultando vencedoras a de Borja, de infantil de 4 anos coa cabaza máis terrorífica; Yaiza, de 2º coa cabaza máis elaborada; Dani, de 4º coa cabaza máis simpática. E Laura, de 5º coa máis orixinal.

Durante toda a semana todos os cursos estiveron decorando as portas das súas aulas con debuxos e pinturas de medo. Durante a reunión no salón de actos anunciáronse as portas gañadoras, que foron: En infantil, a de 1º de infantil; no primeiro piso de primaria a de 3º; e no 2º piso de primaria a de 6º.

Pasámolo xenial e xa estamos esperando a próxima festa, que se celebrará o próximo venres 7 de Novembro. Aquí vos presentamos algunhas das fotos da festa.

A bruxa pipinela

A pantasma de Don Ramón

A boneca asasina

Os monstros do faiado

A malvada bruxa da montaña

A pantasma da nena orfa

O Matajatos

Engadir un comentario