1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este sábado 8 de novembro de 2014 celebrarase na Casa de Pedra a terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas. Esta exitosa cita musical levada a cabo polas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa inestimable colaboración do Concello de Camariñas terá lugar, coma sempre, na Casa de Pedra da Vila das Palilleiras a partires das 20:00 horas. Contará coa actuación da Coral Aires Bergantiños de Carballo, Coral Areosa de Narón e para finalizar as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas realizarán unha exibición do seu bo facer musical. Unha cita esta terceira edición que se caracterizará tamén pola ausencia dunha das grandes impulsoras deste xa clásico encontro, a Concelleira tan recordada e querida en Camariñas Mari Carmen Linares Chica que de seguro sentirá dende a súa actual residencia en Málaga non poder estar coas súas grandes amigas do Coro Municipal de Camariñas. En todo caso alí estará Camarinas.eu para realizar unha ampla reportaxe do acto para que A Malagueña e todos os Camariñáns que andan polo mundo adiante podan ver todo o acontecido nesta terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas.

Engadir un comentario