1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dentro da gran labor que están a realizar os monitores de verán do Concello de Camariñas, a do día de hoxe quedará para enmarcar. Imbuidos polo ambiente festivo que se apodera da Vila das Palilleiras nos días previos a Festa do Carme, decidiron disfrazar aos pequenos de arqueiros da Danza de Arcos e dende o Pavillón Municipal de O Areal fixéronos bailar por toda Camariñas ata o seu porto e despois volta cara arriba. Unha labor que enchío non só de ledicia e ilusión aos máis pequenos senón tamén de orgullo aos maiores, tanto os monitores como todos os transeúntes que tiveron a sorte a contemplar unha estampa que quedará para a historia. A do día na que bailaron polas rúas de Camariñas por vez primeira os arqueiros do futuro.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.