1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un grupiño de frikis e frikas do instituto, baixo a dirección do profe máis artista, deron en facer este Fanzine, A Voz da Aguia, que seguro que terá máis números en vindeiros cursos. A verdade é que lles quedou moi ben. Igual o próximo curso se animan a continuar e eu diría que incluso deberían facer unha edición a cor e vendela, que seguro que hai clientela abonda. Os de primeiro, cando me viron chegar con ela a clase, xa preguntaban como conseguila, así que xa sabedes, hai que seguir.  E os autores/as xa saben que no que queiran facer a biblio colaborará en todo o que poida, que para eso estamos, oiga.  Ademais é que saíron moi guapos na foto...Para que vexades o que fan deixamos aquí a fotonovela publicada. Tede coidado os que padezan do corazón, que da moito medo!

Fonte:http://pedradaaguia.blogspot.com.es

 

Comentarios   

Salidas artisticas
+2 # RE: A Voz da Águia, novo fanzine no IES Pedra da ÁguiaSalidas artisticas 13/06/2014 09:28
Con el futuro que nos da el presente ,es mejor el buscar alternativas ,el cine el teatro ,y otras cualidades artisticas como pueden ser las viñetas ,todo un mundo nuevo esta al alcance de nuestras manos ,la peor es quedarse en casa quietos ,ese es el peor fututo,haz algo `por ti
Responder | Denunciar ante o administrador