Finalmente o esixente xurado da Asociación Lumarea da Vila fixo público nas primeiras horas da noite do mércores 4 de xuño o nome do gañador do seu concurso para o cartel que promocionará os fogos de San Xoán de 2014. E este resultou ser Borja Oanes Suárez, o cal cun imaxinativo dibuxo con predominancia de cores verde e negra gañouñe a partida aos restantes 9 elexidos que cas súas produccións pictóricas chegaron á recta final. Cómpre salientar que foron os votos dos simpatizantes do facebook de Lumarea da Vila os encargados de elexir o cartel promocional. Polo tanto, non pode haber mellor preparación da xigantesca pira incendiaria que en breves comenzará a tomar forma na explanada de Area da Vila, aquela que será promocionada polo precioso cartel confeccionado por un rapaciño camariñán. ¡Borja, Felicidades!

Engadir un comentario